miércoles, 31 de julio de 2013

Combarro: O pobo dos horreos

COMBARRO - PONTEVEDRA


     Combarro situado nas Rías Baixas, provincia de Pontevedra, pódese ver como  pobo mariñeiro no cal parece que non pasaron os anos.
     É un dos núcleos pesqueiros máis fermosos da costa galega.
    A iglexa parroquial de San Roque do S. XVIII preside o centro do casco histórico xunto ao  cruceiro de San Roque coa imaxe do santo e o seu can “San Roquiño” 
     


    O conxunto histórico artístico  caracterizase por tres elementos esenciales: os hórreos, os cruceiros e as casas mariñeiras.
     
     Os hórreos, nun número superior a 30, fan que o horizonte en Combarro sexa menos linear. Estas estructuras, típicas da costa galega, outorgan un caracter especial ao pobo. E aínda se utilizan como outrora: destinados fundamentalmente a gardar secar e curar as mazarocas de millo e preservalas da humidade Elévanse con columnas para impedir a entrada dos roedores. a peculariedade dos hórreos de Combarro é a ubicación a orillas de la mar sirviendo de despensa para los alimentos, fundamentalmente millo e patatas.


     Os cruceiros de Combarro,  teñen profunda carga simbólica: serven para protexer da Santa Compaña, a procesión das almas en pena que se cre que aparece nas escuras noites galegas. 
     En Combarro distribúense 6 destas vistosas esculturas realizadas a partir de 1727. Estes cruceiros teñen una peculariedade que os diferencia do resto dos cruceiros galegos,  e é que a figura de Cristo mira hacia terra mentras que a figura da Virxe está sempre dirixida o mar.


     



Na rúa principal, denominada ”A Rúa”, agólpanse as casas mariñeiras, que se  construíron sobre as rocas graníticas para aproveitar ao máximo as terras fértiles, nas que a planta baixaa  adícase a almacén de utensilios de pesca e agricultura, e incluso en algunhas encontramos lagares donde se elabora o viño das Rías Baixas









.

No hay comentarios:

Publicar un comentario