Trátase duns xardíns históricos "A Finca de Frendoal" situados no contorno da finca dos Condes e que foron utilizados orixinariamente para a caza.
Entre a súa frondosa vexetación cabe destacar castiñeiros, loureiros e algunhas especies de árbores exóticas.
Está cruzado polo río Orxás o que favorece o crecemento de moita vexetación e lle da a finca un "encanto" especial de outras épocas.
Fermosos sendeiros percorren a finca, bordeando o río Orxás.
Dentro do "Bosque Encantado" atopámonos:
Un Acueduto de orixe medieval, usado para transportar auga para a casa, finca eo regadío.
Un pequeno castelo con foso, que contiña unha ponte levadiza.
Un Campo de croquet, utilizado nos anos sesenta e setenta.
Zonas de descanso con bancos en pedra e fermosas escaleiras para salvar os desniveis.
Na súa contorna, unha ponte medieval, varios muíños un lavadeiro.
Lindo!!! Sonho...
ResponderEliminarHermoso lugar. Gracias por compartirlo. Un saludo desde Buenos Aires.
ResponderEliminar