lunes, 8 de julio de 2013

O BOSQUE ENCANTADO DE ÁLDAN. (Cangas do Morrazo)

     O Bosque Encantado de Aldán perteneceu aos Condes de Canalejas, dentro do conxunto de propiedades da "Casa Torre de Aldán", sendo utilizado pola familia como lugar de descanso e recreo.  
    

Trátase duns xardíns históricos "A Finca de Frendoal" situados no contorno da finca dos Condes e que foron  utilizados orixinariamente para a caza.
     Entre a súa frondosa vexetación cabe destacar castiñeiros, loureiros e algunhas especies de árbores exóticas.


Está cruzado polo río Orxás o que favorece o crecemento de moita vexetación e lle da a finca un "encanto" especial de outras épocas.
Fermosos sendeiros percorren a finca, bordeando o río Orxás.


Dentro do "Bosque Encantado" atopámonos:
     Un Acueduto de orixe medieval, usado para transportar auga para a casa, finca eo regadío.
    Un pequeno castelo con foso, que contiña unha ponte levadiza.
    Un Campo de croquet, utilizado nos anos sesenta e setenta.
    Zonas de descanso con bancos en pedra e fermosas escaleiras para salvar os desniveis.
    Na súa contorna, unha ponte medieval, varios muíños un lavadeiro.
                               


2 comentarios:

Entradas populares