sábado, 11 de junio de 2016

Santuario da Virxe da Barca en Muxia

 Santuario da Virxe da Barca 
É un templo católico situado no concello de Muxía. A súa situación na punta da península onde se asenta Muxía, fronte do mar, os ritos relixiosos asociados ao mesmo e a súa arquitectura e imaxinería fan del un dos máis singulares de Galicia. Nel celébrase a romaría da Nosa Señora da Barca, declarada Festa de interese turístico nacional de España.
día de nadal de 2013 foi destruído por un incendio causado por un raio.

A lenda

Relata a lenda que o apóstolo Santiago o Maior, na súa viaxe de evanxelización do fin da terra, achábase en oración na costa onde se asenta o santuario. Viu chegar polo mar unha barca toda de pedra, aparellada cunha vela tamén de pedra. Na barca viaxaba Nosa Señora que viña confortalo e darlle forzas, posto que o traballo de estender a fe no seu Fillo en terras tan afastadas era unha tarefa que superaba as forzas do discípulo.
Despois dun tempo de conversación, a Nai de Deus volveu a Terra Santa, pero deixo
u naquelas costas a barca (pedra de abalar) e maila vela (pedra dos cadrís) milagreiras.
Nesta lenda atópanse moitos elementos coincidentes con outras similares, como a da Virxe do Pilar: O apóstolo aflixido pola distancia da terra e o esforzo da predicación entre pagáns, a Virxe que, unha vez se decata da súa circunstancia, ven confortalo e darlle ánimos e que deixa un testemuño de pedra da súa visita. Tamén coa propia lenda da chegada dos restos martiriais do Apóstolo: unha barca de pedra que subiu polo río Ulla, e que foi amarrada ao pedrón, tamén unha pedra relacionada con cultos precristiáns, neste caso unha ara romana adicada ao deus Neptuno e que hoxe se conserva como unha valiosa reliquia na igrexa parroquial de Padrón.

Na literatura popular

Unha copla une a devoción ao Cristo de Fisterra e á Virxe da Barca:
Santo Cristo de Fisterra,
Santo da barba dourada,
veño de tan lonxe terra,
Santo, por che ver a cara.
Veño da Virxe da Barca,
veño de abalar a pedra.
Tamén veño de vos ver,
Santo Cristo de Fisterra.

O culto precristián

As lendas son sempre outro xeito de contar unha historia, de transmitir valores e tradicións. Neste caso a lenda, detrás da súa linguaxe cristiá, agocha a memoria dun culto precristiáns que foi posteriormente cristianizado. A presenza das pedras e a supervivencia ata a nosa época dos ritos relacionados con elas resulta especialmente significativa:
En primeiro plano, a pedra de abalar.
  • A Pedra de Abalar: é unha laxe de forma triangular de gran tamaño. Existen en Galicia moitas pedras de abalar que poden servir como medios de curación ou ritos de iniciación. En casos como o de Muxía, o esforzo de abalar a pedra, que requiría coñecer os puntos onde facer a forza necesaria, o converte nun rito que reforza os lazos comunitarios, ou o sentimento de tribo, e o propio abalamento podería significar a resposta positiva da divindade aos ritos dos seus fieis. Como o feito de que a pedra non abalase pode ser sinal de desencontros entre o deus e o seu clan e ameaza de desgrazas futuras:
(...) a Pedra abala cando quere, hai veces que se colocan moitas persoas enriba e non abala, e outras abala soa. Tamén din que cando abala soa, predí algunha desgraza. Coa cristianización deste lugar apareceron moitas lendas de tipo relixioso relacionadas con esta Pedra. Vicente Risco cóntanos que durante a Guerra Civil entre Castela e Portugal, que durou sete anos, a Pedra non abalou. Tamén se conta que nunha ocasión que quixeron roubar no Santuario da Barca, a Pedra comezou a abalar tan forte que co seu ronco soar espertou a todos os veciños, espantando aos ladróns.
Un temporal no ano 1978 desprazouna do sitio e perdeu moito movemento. Posteriormente, resultou danada e perdeu unha das puntas hai uns anos.
A pedra dos cadrís.
  • A Pedra dos Cadrís: que recibe o seu nome pola súa forma está relacionada coa fertilidade, e coas enfermidades dos cadrís. O fiel que queira ser bendicido pola virxe debe pasar por embaixo da pedra, unha manobra algo dificultosa e que ten un claro simbolismo de renacemento ou revivificación, como o neno que nace abríndose paso polos cadrís da nai. Como afirma o crego e sociólogo Juan José Cebrián:
(...) Para fijar la sensación de la pervivencia personal utiliza la piedra como monumento funerario, de forma que los antepasados permanezcan. Por eso también se utiliza la piedra como fertilizadora ya que en ella anida el espíritu del antepasado, que no podrá interrumpirse, sino que fertilizará a la mujer para que la actuación del clan o de la raza permanezca y se perpetúe.
A presenza de restos castrexos tanto en Muxía como na veciña Camariñas permiten asegurar que a zona e as súas pedras son un lugar de culto moi anterior ao cristianismo, como sucede en moitos santuarios e ermidas, sobre todo as máis populares.

A orixe do culto cristián


As primeiras testemuñas escritas que certifican a existencia dunha igrexa cristiá son ben recentes, arredor do século XV. No documento se manda restaurar a ermida, que polos restos que aínda se conservan, debía ser románica dos séculos XII ou XIII. 

Indo ata a orixe, seguramente a cristianización do lugar e o culto primeiro á Virxe débeselle aos monxes do Mosteiro de San Xulián de Moraime, do que consta a súa fundación polos monxes bieitos no século XI. Muxía estivo sometida ao señorío de Moraime ata os tempos de Carlos I. Pódese pensar que foron estes monxes os que promoveron a cristianización do lugar de culto celta, construíron a primeira igrexa e espallaron a lenda. Aínda nos poderiamos remontar máis atrás no tempo. Nas escavacións feitas no Mosteiro de Moraime téñense atopado restos dun poboado romano, así como diversos materiais antigos e grande cantidade de enterramentos. Polo que o mosteiro podería pertencer á primeira vaga do monacato, anterior á chegada dos monxes bieitos, arredor do século VI. Neste caso, a chegada do cristianismo ás terras da Costa da Morte coincidiría co tempo da cristianización do vello lugar de culto.


Como consecuencia do afundimento do Prestige gran parte do patrimonio foi danado ou destruído.



Texto by Wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moviles