Por Cristina Fernández........Ser gallego, es ser honesto, sensible, trabajador, fuerte, sobre todo de mente, tener un idioma, una cultura, nuestra, solo nuestra, única, especial, como nosotros, los gallegos, los hombres y mujeres q aunque seamos unos de los grandes olvidados de este país, siempre estamos dispuestos a ayudar, a perdonar, y sobre todo a añorar cuando estamos lejos nuestra preciosa tierra....
jueves, 27 de junio de 2013
miércoles, 26 de junio de 2013
Pazo de Lourizan
No século XV este predio foi habilitado como "granxa" e desta época conserva o pombal ameado de planta circular.
No século XIX pertenceu a Buenaventura Marcó del Pont, despois de
que llo mercase aos herdeiros de Francisco Genaro Ángel, irmán da súa muller. Foise
logo adaptando aos tempos e converteuse en casa residencial e lugar de veraneo,
cando residiu nela Eugenio Montero Ríos.
A Deputación de Pontevedra adquiriuno a
comezos da década de 1940, comprándollo á Caixa de Aforros Provincial
de Pontevedra e (unha quinta parte) á marquesa viúva de Alhucema. En 1943cedeullo ao
Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas,
Investigacións e Experiencias Forestais; en 1946 converteuse
en Escola Técnica Superior de Montes. Actualmente está integrado na estrutura
do Centro de Desenvolvemento Sustentábel da Consellería de
Medio Ambiente. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de
Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do
patrimonio forestal de Galiza.
Fotos Patricia Lado |
Descrición
O edificio do pazo é de aire romántico e foi obra de Genaro de la Fuente Domínguez. É de grande tamaño, elegante e maxestoso. Accédese por unha escaleira de pedra de corte imperial custodiada por estatuas que representan virtudes, valores e devocións. A parte central está realzada por un brasón e un reloxo, no lugar do escudo que locen os pazos galegos. Na parte inferior hai un balcón e unha terraza que fai de miradoiro e embaixo unha gruta escondida tras as ramaxes.
Accédese ao interior a través dunha porta sinxela que ten impresas no vidro as as iniciais maiúsculas dos seus antigos donos, "E e A", "Eugenio e Avelina". O edificio conta con dúas ás laterais, máis lixeiras. As columnas, os balcóns e os ornamentos mostran recursos clacisistas. Na parte superior, unha terraza ocupa unha extensión importante.
As terras[editar]
O pazo conta con 54 hectáreas de xardín, leira e arboredo, que mostran os distintos usos aos que se dedicou durante os séculos: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais.
Medran nel numerosas árbores autóctonas como carballos, castiñeiros e bidueiros, pradairos e foráneas, como ciprestes, araucarias, cedros, magnolias ou alfaneiros, moitas delas traídas por xardineiros franceses. Varias destas árbores aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
Decórase con hórreos, un pombal, un invernadoiro de vidro de estrutura férrea, unha mesa de granito dunha peza (disque extraída dun penedo da Illa de Tambo, estatuas de mármore branco, etc., e varias fontes, como a da Cuncha, a dos Tres Canos, a do Patio e a da Gruta dos Espellos. Organízase en avenidas, a das Camelias, a dos Eucaliptos e a da Gruta dos Espellos.
Fuente Wikipedia
Fotos Patricia Lado |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Entradas populares
-
En Galicia el pan es arte y un sentimiento que no se puede describir. Lo importante para hacer un buen pan es buena materia prima , res...
-
Historia y leyenda de la torre de Hércules El faro desde su construcción por los romanos en el siglo I, se encuentra sobre una lo...
-
Monte de PARALAIA ( Piedra de piedra ) es un monte de Moaña repleto de históricas fantásticas leyendas en donde se dice que hay una cueva ...
-
Leyenda de Breogán E s un rey celta mítico de Galiza. Muchas versiones existen sobre él, en las que es presentado como el gran r...
-
Rosquillas tradicionales con anís Ingredientes: 1 huevo (Por cada huevo añadimos los siguientes ingredientes) 3 cuch...
-
la «Fiesta de la exaltación del mejillón» . Una oportunidad para saborear raciones de mejillones en diferentes preparaciones en una de las...
-
Ingredientes (10 raciones de 2 rebanadas cada una) Pan para torrijas unos 750 gramos, 1 litro de leche, 100 gr de azúcar...
-
LICOR CAFÉ GALLEGO ingredientes para 1 litro de licor 2 litros de aguardiente blanco 320 g de café en grano (normal, descafeinad...
-
La Fiesta del Pulpo – O Carballiño (Ourense) En Carballiño (Orense) el segundo domingo del mes de agosto, cada año, se celebra la Fiest...
-
El castro se ha datado entre los siglos II a. C. y II d. C.; aunque se cree que el asentamiento inicial, mucho mas pequeño, se edificó entr...